Aloxamentos turísticos

WiFi que chega a todas as habitacións, tamén detrás dos muros de pedra

Deseñamos, instalamos e xestionamos a rede de casas de turismo rural e albergues. Os teus hóspedes conéctanse sen problemas e ti esquéceste do router.

Cóntanos que necesitas WhatsApp

Casa rural de pedra.

Cando o WiFi falla, nótase nas recensións

En casas rurais e albergues o problema case nunca é a fibra, senón como chega o sinal a cada habitación.

  • Muros grosos e varias plantas

    A pedra e o granito frean o sinal. Un router na entrada non cobre as habitacións do fondo nin o andar de arriba.

  • Un router doméstico para vinte hóspedes

    O equipo da operadora está pensado para unha familia, non para un albergue cheo á hora da cea.

  • Todo na mesma rede

    Hóspedes, ordenador de recepción, TPV e cámaras compartindo rede e contrasinal é un risco para o teu negocio e para os datos dos teus clientes.

Que inclúe

WiFi profesional para casas rurais e albergues: cobertura en todas as habitacións, redes separadas e xestión remota.

  • Deseño e instalación da rede WiFi

    Estudamos o edificio, decidimos cantos puntos de acceso fan falta e onde, e montamos equipos profesionais xestionados na nube.

  • Redes separadas e seguras

    Hóspedes, xestión, TPV e cámaras van en redes distintas, cada unha coas súas regras de devasa.

  • Acceso para hóspedes

    Páxina de benvida co nome do teu aloxamento e velocidade repartida para que ninguén acapare a conexión.

  • Xestión remota e mantemento

    Vixiamos a rede a distancia, aplicamos actualizacións e gardamos copia da configuración dos equipos.

  • Conexión de respaldo 4G/5G

    Se cae a liña principal, a rede segue funcionando por datos móbiles. Servizo opcional.

  • Cámaras na súa propia rede

    Conectamos as cámaras que xa tes a unha rede separada, para que non compartan acceso cos hóspedes.

Así queda a rede dunha casa rural

Exemplo de deseño para unha casa de turismo rural de tres habitacións con salón, cociña, recepción e terraza.

Plano dunha casa rural con tres puntos de acceso que cobren habitacións, salón e terraza, e os dispositivos de cada rede marcados por cores. Terraza Habitación 1Habitación 2Habitación 3 Salón comedorCociñaRecepción
Exemplo orientativo. Cada aloxamento deséñase despois de medir o sinal na visita.
  • Rede de hóspedesCon páxina de benvida e velocidade repartida. Non ve nada do demais.
  • Rede de xestiónO teu ordenador e o teu móbil, separados dos hóspedes.
  • Rede do TPVSó para cobrar con tarxeta, illada do resto.
  • Rede de cámarasAs cámaras gravan sen compartir rede con ninguén.
  • Puntos de accesoTres equipos no teito cobren toda a casa e a terraza.

Pensado para o teu tipo de aloxamento

Fachada dunha casa rural de pedra.

Casas de turismo rural

Casas antigas rehabilitadas, varias plantas e poucas habitacións. Cobertura completa cos mínimos equipos posibles, ben integrados na casa.

  • Cobertura en habitacións, salón e exterior
  • Equipos discretos de teito ou parede
  • Rede á parte para o teu ordenador e o TPV
Habitación de albergue con liteiras.

Albergues

Moitos peregrinos e viaxeiros conectados á vez e con moita rotación. A rede ten que repartir ben a conexión e aguantar os picos de uso.

  • Capacidade para moitos dispositivos á vez
  • Límite de velocidade por dispositivo
  • Páxina de acceso para hóspedes

Dúas formas de traballar