Intervención puntual
Resolvemos un problema concreto ou facemos un traballo pechado. Pagas só esa intervención, con orzamento previo.
- Orzamento antes de comezar
- Sen permanencia nin cotas
- Ideal para avarías e traballos concretos
Empresas e autónomos
O teu informático externo: ocupámonos dos equipos, o correo, as copias de seguridade e a rede para que ti te dediques ao teu negocio.
O teu informático externo: equipos, correo, copias de seguridade e rede da oficina, con mantemento mensual se o queres.
Resposta rápida por WhatsApp ou correo e conexión remota para resolver a maioría dos problemas sen esperas.
Actualizacións, antivirus, revisión de ordenadores e impresoras e preparación de equipos novos.
Correo co teu dominio, alta de contas, migracións e configuración en ordenadores e móbiles.
Copias automáticas dos teus datos, con comprobacións periódicas de que se poden recuperar.
Router, cableado, WiFi para clientes separado da rede de traballo e acceso remoto seguro.
Contrasinais, permisos, devasas e boas prácticas para protexer a información do teu negocio.
Todos os servizos pódense contratar das dúas maneiras.
Resolvemos un problema concreto ou facemos un traballo pechado. Pagas só esa intervención, con orzamento previo.
Ocupámonos de forma continua por unha cota fixa ao mes: revisións, actualizacións, copias e soporte cando o necesites.
Catro pasos, sempre na mesma orde.
Por WhatsApp, por correo ou co formulario. Se fai falta, imos velo.
Dicímosche por escrito que imos facer e canto custa antes de comezar.
Facemos o traballo, probámolo contigo e explicámosche o que fixemos.
Se queres, quedamos a cargo cunha cota mensual de mantemento.
Si. Podes contratar intervencións puntuais ou un mantemento mensual que inclúe revisións, actualizacións, copias e soporte.
A maioría das tarefas fanse en remoto. Cando fai falta, imos á túa oficina ou negocio.
O soporte é de luns a venres de 9 a 20 h. Para urxencias fóra dese horario, consúltanos.
Cóntanos que necesitas. Respondémosche canto antes, normalmente o mesmo día laborable.