Intervención puntual
Resolvemos un problema concreto ou facemos un traballo pechado. Pagas só esa intervención, con orzamento previo.
- Orzamento antes de comezar
- Sen permanencia nin cotas
- Ideal para avarías e traballos concretos
Particulares
Axuda cos teus ordenadores, o WiFi e os teus dispositivos, explicada sen tecnicismos.
Ordenadores, WiFi da casa, equipos novos e copias das túas fotos e documentos, explicado sen tecnicismos.
Limpeza de virus, eliminación de programas innecesarios, reinstalación e posta a punto.
Configuración de ordenadores e impresoras, traspaso dos teus datos e programas do equipo antigo.
Cobertura en toda a vivenda, configuración do router e equipos mesh ou repetidores ben colocados.
Para que non perdas os teus recordos se se estraga o ordenador ou o móbil.
Configuración, correo, aplicacións e copias de seguridade.
Ensinámosche a usar os teus equipos con calma e ao teu ritmo.
Todos os servizos pódense contratar das dúas maneiras.
Resolvemos un problema concreto ou facemos un traballo pechado. Pagas só esa intervención, con orzamento previo.
Ocupámonos de forma continua por unha cota fixa ao mes: revisións, actualizacións, copias e soporte cando o necesites.
Catro pasos, sempre na mesma orde.
Por WhatsApp, por correo ou co formulario. Se fai falta, imos velo.
Dicímosche por escrito que imos facer e canto custa antes de comezar.
Facemos o traballo, probámolo contigo e explicámosche o que fixemos.
Se queres, quedamos a cargo cunha cota mensual de mantemento.
Depende do que haxa que facer. Antes de comezar dicímosche o prezo, para que non haxa sorpresas.
Si. Tamén para a casa podes ter unha cota mensual que inclúe revisións, copias e soporte.
Cóntanos que necesitas. Respondémosche canto antes, normalmente o mesmo día laborable.