Webs e hosting

Páxinas web, hosting e correo profesional

O teu negocio en internet: unha web rápida e doada de manter, con dominio, aloxamento e correo co teu nome.

Cóntanos que necesitas WhatsApp

Páxina web aberta nun portátil.

Que inclúe

Páxinas web, aloxamento, dominios e correo profesional para que o teu negocio se atope en internet.

  • Deseño de páxinas web

    Webs claras, rápidas e adaptadas ao móbil, en galego e en castelán.

  • Dominio e correo profesional

    Rexistro de dominio e contas de correo co nome do teu negocio.

  • Aloxamento web

    Hosting con certificado de seguridade (https) e copias de seguridade.

  • Mantemento web

    Actualizacións, seguridade e copias de WordPress e PrestaShop.

  • Tendas en liña

    Pon os teus produtos á venda en internet con PrestaShop ou WooCommerce.

  • Presenza en Google

    Alta en Google e Bing e boas prácticas para que te atopen.

Dúas formas de traballar

Todos os servizos pódense contratar das dúas maneiras.

Intervención puntual

Resolvemos un problema concreto ou facemos un traballo pechado. Pagas só esa intervención, con orzamento previo.

  • Orzamento antes de comezar
  • Sen permanencia nin cotas
  • Ideal para avarías e traballos concretos
A máis escollida

Mantemento con cota mensual

Ocupámonos de forma continua por unha cota fixa ao mes: revisións, actualizacións, copias e soporte cando o necesites.

  • Revisións e actualizacións periódicas
  • Copias de seguridade vixiadas
  • Soporte por WhatsApp e correo

Como traballamos

Catro pasos, sempre na mesma orde.

  1. Cóntasnos que pasa

    Por WhatsApp, por correo ou co formulario. Se fai falta, imos velo.

  2. Orzamento pechado

    Dicímosche por escrito que imos facer e canto custa antes de comezar.

  3. Resolvémolo

    Facemos o traballo, probámolo contigo e explicámosche o que fixemos.

  4. Seguimos contigo

    Se queres, quedamos a cargo cunha cota mensual de mantemento.

Preguntas frecuentes

Podo cambiar eu os textos?

Si. Explicámosche como facelo ou, se o prefires, facémolo nós dentro do mantemento.

Xa teño web, podedes mantela?

Si. Revisamos como está e propoñémosche un mantemento ou as melloras necesarias.

Contacto

Cóntanos que necesitas. Respondémosche canto antes, normalmente o mesmo día laborable.